Milleiros de galegos manifestáronse en toda Galicia contra os recortes laborais e nos servizos públicos. A Plataforma en Defensa dos Servizos Públicos concentrouse en todas as cidades do país. Imaxe de @galizanova.
Milleiros de galegos manifestáronse en toda Galicia contra os recortes laborais e nos servizos públicos. A Plataforma en Defensa dos Servizos Públicos concentrouse en todas as cidades do país. Imaxe de @galizanova.
A vicepresidenta do Goberno central, Soraya Sáenz de Santamaría, reflexiona sobre o paro e os desafiuzamentos: "pódenos pasar a calquera", afirma. Recólleo El Diario
As Nuevas Generaciones do PP, indignadas despois de que a alcaldesa de Madrid, Ana Botella, propuxese suprimir as organizacións de mocidade dos partidos políticos
Telemadrid pagaralle 450.000 euros a Telefónica para que realice unha "programación provisional" até que a televisión pública madrileña convoque un concurso público para externalizar o servizo
Un grupo de persoas realizou esta mañá un precinto simbólico do Concello de Santiago para pedir a disolución da corporación municipal por mor dos sucesivos casos de corrupción rexistrados. Este domingo ás 12 horas unha manifestación pedirá "unha Compostela transparente e participativa" e a convocatoria de eleccións.
A Xuntanza Antiprohibicionista denuncia que o Concello de Santiago lle esixe o depósito dunha fianza de 1.200 euros para a celebración da tradicional festa de San Kanuto na Alameda da cidade. En resposta, a Xuntanza anula os actos previstos e no seu lugar convoca unha manifestación este sábado ás sete da tarde. Esta denuncia engádese á que esta semana realizou Queremos Galego a quen o Concello lle pide 600 euro por colocar un palco para a manifestación do dia 27
A Plataforma de Afectados pola Hipoteca recibe o Premio Nacional de Derechos Humanos, que entrega a Asociación Pro Derechos Humanos de España
Fernández de Mesa culpa a prensa do caos informativo durante o Prestige e asegura que "non se intentou enganar a ninguén". "Non se transcribía o que eu dicía", quéixase o que fora delegado do Goberno durante o sinistro do petroleiro hai dez anos.
A Xunta informa de que ás 13:30 Feijóo recibirá en San Caetano ao embaixador dos Estados Unidos en España, Alan D. Solomont. Xa se reuniran en 2011.
#consellodaxunta Nava Castro será secretaria xeral de Turismo e correspóndelle pór en marcha a Axencia de Turismo de Galicia. Non recunca, polo tanto, na dirección xeral de Comercio. Ulpiano Villanueva, pola súa banda, vén de ser nomeado director da Axencia Tributaria de Galicia.