Un grupo de persoas realizou esta mañá un precinto simbólico do Concello de Santiago para pedir a disolución da corporación municipal por mor dos sucesivos casos de corrupción rexistrados. Este domingo ás 12 horas unha manifestación pedirá "unha Compostela transparente e participativa" e a convocatoria de eleccións.