Bárcenas pagou sobresoldos en negro durante anos a parte da cúpula do PP, segundo publica esta mañá El Mundo. Distribuía cada mes sobres con até 15.000 euros. Rajoy encargoulle a Cospedal en 2009 rematar con estas prácticas, catro anos despois de facerse cargo do partido.