O X Congreso Internacional de Estudos Galegos, que se celebrará en Cardiff entre o 12 e o 14 de setembro, presentose hoxe no Consello da Cultura. No congreso, titulado Galiza alén do Arco Atlántico. Unha visión multidisciplinar dos estudos galegos, participarán 125 relatores.
Fálase
CCOO-Ensino denuncia a desorganización da administración educativa en relación ao profesorado desprazado en Secundaria. Este xoves remata o prazo oficial para que o profesorado participe na elección de destino provisional, pero moitos destes mestres non poden facelo por mor "da falta de planificación da Consellaría", denuncia o sindicato, que pide que se amplíe o prazo.
A CIG realizou hoxe unha concentración e unha asemblea de profesorado substituto para analizar a supresión de contrato de verán a estes mestres.
O Códice Calixtino vén de ser atopado nun garaxe do Milladoiro, preto de Santiago, segundo vén de adiantar a Radio Galega.
Eldiario.es amosa o auto da Audiencia Nacional sobre o caso Bankia, que inclúe a imputación a Rato e Acebes, e convida a comentalo no seu blog Zona Crítica. #AutoBankia
O Parlamento Europeo rexeita o ACTA por unha amplísima maioría: 478 votos contra 39. O Acordo Comercial Antifalsificación, que de entrar en vigor podería poñer en risco a privacidade dos usuarios de Internet, fora aprobado individualmente por 22 dos 27 países da UE, pero o rexeitamento da cámara de representantes déixao sen posibilidades de ser aplicado na Unión. Máis información, nun anaco en Praza.
O PP dedícalle á oposición parlamentaria unha páxina do seu último boletín mensual. Acusa ao BNG de ser "máis radical ca nunca" e diagnostica unha "guerra civil" no seo do PSdeG.
A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, será unha das observadoras do Parlamento Europeo nas eleccións de Timor Leste, o vindeiro día 7.
Rafa Merino recompila no seu blog a xestación do bulo da inexistente doazón da prima do futbolista Andrés Iniesta por gañar a Eurocopa, xurdido en Twitter.
O xuíz cita a declarar, entre outros, a Rato, Olivas (ex presidente de Bancaja) e Acebes como imputados polo caso Bankia, admitindo a trámite a querela presentada pola Fiscalía Anticorrupción e UPyD contra 33 ex membros do Consello de Administración do banco