Luis de Guindos presenta esta tarde a reforma financeira que aprobará este venres o Consello de Ministros
Fálase
Consello da Xunta: Nos próximos días, o Goberno galego dará a coñecer un "decálogo" de "esforzos" para os traballadores públicos. "Estou convencido de que o entenden porque teñen garantida a súa nómina", sinala Feijóo.
Consello da Xunta: Feijóo coida que eliminar Educación para a Cidadanía é positivo porque "nas aulas non debe haber política"
O primeiro ministro italiano, Mario Monti, pide á xente nova que non se "acostume" a ter traballo fixo. É "monótono", dixo o mandatario, non elixido nas urnas
Feijóo aconsella "non perder tempo preguntando" sobre un posible adianto electoral: "Non está na axenda" #consellodaxunta
Consello da Xunta: Unha nova lei eliminará o actual Consello da Xuventude de Galicia. Substituirase por un Consello Asesor e Consultivo da Xuventude, "aberto a todas as asociacións xuvenís e grupos informais de mozos", di Feijóo
Consello da Xunta: Quen edite libros en galego fóra de Galicia tamén "estará obrigado" a depositar un exemplar na biblioteca do Gaiás, a xeito de depósito legal
Consello da Xunta: Feijóo anuncia que o Goberno vén de dar luz verde á "estratexia de acuicultura" e á Lei de Xuventude. Tamén se confirma o cesamento de Roberto Castro, director de Relacións Institucionais, que será subdelegado do Goberno central en Ourense.
O paro en Galicia afecta a máis de 270.000 persoas tras un incremento no mes de xaneiro de máis do 5%, por riba da media do Estado