Rajoy di que o que "ratifican" as súas mensaxes a Bárcenas é que "o Estado de Dereito non se chantaxea". Vén de aseguralo nunha comparecencia ante a prensa que recolle a Cadena SER

Rajoy di que o que "ratifican" as súas mensaxes a Bárcenas é que "o Estado de Dereito non se chantaxea". Vén de aseguralo nunha comparecencia ante a prensa que recolle a Cadena SER
Rajoy chama a Barroso para interceder sobre a devolución do tax lease ante a decisión definitiva do vindeiro mércores.
Bárcenas asume a autoría dos seus papeis e entrégallos ao xuíz Ruz para que investigue o PP. En El País.
Dirixentes do PP piden xa que Rajoy marche. Vidal-Quadras, Santiago Abascal e González Quirós cren que o partido debe "reflexionar" sobre a continuidade do presidente do Goberno.
O xornal portugués Público destaca que Rajoy se mantivo en contacto con Bárcenas "e pediulle silencio".
Pachi Vázquez comeza hoxe en Ourense a rolda de contactos coas agrupacións do PSdeG para presentar o funcionamento das primarias do partido, á espera de revelar se se presentará ou non ao proceso.
El Mundo asegura hoxe na súa portada que o PP lle ofreceu a Bárcenas a fin dos seus problemas coa xustiza se non realizaba revelacións sobre as contas do partido.
As acusacións do caso Bárcenas xa valoran solicitar a imputación de Mariano Rajoy tras saír á luz as mensaxes que intercambiou co ex tesoureiro. En El Diario.
O PSOE rompe relacións co PP e pide a dimisión "inmediata" de Rajoy.
Centos de persoas maniféstanse ante a Delegación do Goberno en Barcelona para pedir a dimisión do Executivo. A protesta reprodúcese noutras cidades do Estado. Imaxe de @Mg2012Rmg.