Dirixentes do PP piden xa que Rajoy marche. Vidal-Quadras, Santiago Abascal e González Quirós cren que o partido debe "reflexionar" sobre a continuidade do presidente do Goberno.
Fálase
O xornal portugués Público destaca que Rajoy se mantivo en contacto con Bárcenas "e pediulle silencio".
Pachi Vázquez comeza hoxe en Ourense a rolda de contactos coas agrupacións do PSdeG para presentar o funcionamento das primarias do partido, á espera de revelar se se presentará ou non ao proceso.
El Mundo asegura hoxe na súa portada que o PP lle ofreceu a Bárcenas a fin dos seus problemas coa xustiza se non realizaba revelacións sobre as contas do partido.
As acusacións do caso Bárcenas xa valoran solicitar a imputación de Mariano Rajoy tras saír á luz as mensaxes que intercambiou co ex tesoureiro. En El Diario.
O PSOE rompe relacións co PP e pide a dimisión "inmediata" de Rajoy.
Centos de persoas maniféstanse ante a Delegación do Goberno en Barcelona para pedir a dimisión do Executivo. A protesta reprodúcese noutras cidades do Estado. Imaxe de @Mg2012Rmg.
Anova celebra o seu primeiro aniversario e fai un percorrido fotográfico da súa andaina.
O BNG exixe que Feijóo e Rajoy aclaren os "moi turbios" asuntos do PP e acúsaos de "agocharse" tras as revelacións qeu confirmarían o financiamento ilegal do partido en Galicia e Madrid.
Galicia gaña o campionato estatal de fútbol praia feminino. As rapazas adestradas por Pilar Neira superan a Murcia na final (3-4) na súa casa. Imaxe de @MartandoElHambr.