Centos de persoas maniféstanse ante a Delegación do Goberno en Barcelona para pedir a dimisión do Executivo. A protesta reprodúcese noutras cidades do Estado. Imaxe de @Mg2012Rmg.

Centos de persoas maniféstanse ante a Delegación do Goberno en Barcelona para pedir a dimisión do Executivo. A protesta reprodúcese noutras cidades do Estado. Imaxe de @Mg2012Rmg.
Anova celebra o seu primeiro aniversario e fai un percorrido fotográfico da súa andaina.
O BNG exixe que Feijóo e Rajoy aclaren os "moi turbios" asuntos do PP e acúsaos de "agocharse" tras as revelacións qeu confirmarían o financiamento ilegal do partido en Galicia e Madrid.
Galicia gaña o campionato estatal de fútbol praia feminino. As rapazas adestradas por Pilar Neira superan a Murcia na final (3-4) na súa casa. Imaxe de @MartandoElHambr.
IU e PSOE piden a Rajoy que dimita e que convoque eleccións. "O comportamento de Rajoy resúmense en: ningunha explicación, mentiras e conivencia", di Rubalcaba.
O Goberno admite que os SMS entre Rajoy e Bárcenas son reais. Moncloa asegura que o ex tesoureiro do PP busca desviar a atención.
Un ex deputado do PP di que "todo o mundo sabía" que había sobresoldos e pide a Rajoy que "non negue a evidencia". Milián Mestre asegura que a executiva expulsaba do partido a quen intentaba investigar os pagos.
Marcial Dorado relata a súa amizade con Feijóo en El País. "Sempre souben que chegarían lonxe, transmitía honradez", di o narcotraficante sobre o presidente da Xunta de Galicia.
Rajoy mantivo contacto directo con Bárcenas ata hai uns meses e pediulle que negase a contabilidade B. El Mundo publica unha serie de SMS entre o presidente do Goberno e o ex tesoureiro do PP.
Martiño Noriega: "Beiras só hai un, pero non vou facer escapismo". O número dous de Anova asegura que cre nos "liderados compartidos".