Un morto por bala nunha liorta na praia de Arealonga, en Chapela, Redondela, nunha noite de San Xoán tranquila no resto de Galicia. A policía detivo o presunto autor do disparo, con antecedentes, que acabou coa vida dun mozo de 25 anos que celebraba a festa no areal próximo a Vigo. No resto de Galicia os incidentes reportados polos servizos de emerxencias foron as habituais intoxicacións etílicas e feridas menores por liortas ou polo salto de fogueiras. (Foto: Xunta de Galicia)
