Preto de 14.500 persoas opositan este sábado en toda Galicia para acceder a algunha das 1.043 prazas convocadas por Educación

Preto de 14.500 persoas opositan este sábado en toda Galicia para acceder a algunha das 1.043 prazas convocadas por Educación
Un incendio en Ourense obriga a desaloxar varias vivendas de forma preventiva. O lume está controlado.
O Tribunal de Contas súmase ao Constitucional e carga contra os créditos extraordinarios para armamento, que todos os veráns solicita o Ministerio de Defensa. En total, estes créditos extraordinarios sumaron uns 4.500 millóns de euros só entre 2012 e 2015.
Así é o Partido Unionista Democrático (DUP), a formación norirlandesa da que depende Theresa May para formar goberno no Reino Unido. CTXT destaca que son "homófobos, machistas, antiabortistas e xenófobos", pero tamén "pragmáticos" e que apoiarán os tories renunciando á súa axenda ultra a cambio de diñeiro
CIG-Ensino denuncia o peche de centros educativos completos e o traslado de ensinanzas sen información nin negociación previa. A Consellaría de Educación comunicou na véspera do remate do curso escolar o peche de dous centros educativos -o CEIP Emilio Navasqüés en Cruceiro de Ro (Outes) e o CPI Monte Caxado (As Pontes)- e a eliminación da ESO nun centro de Ribadavia.
Xulio Ferreiro defende que a bandeira republicana da Casa Casares Quiroga está "dentro da legalidade". "É unha actuación simbólica que está relacionada co uso dese edificio", afirma trala denuncia da Delegación do Goberno
No aniversario do referendo, Theresa May rebaixa o ton e presenta un Brexit menos duro, prometendo que os cidadáns da UE que leven cinco anos residindo no Reino Unido manterán os seus dereitos.
Sánchez confirma que o PSOE se absterá na votación do CETA do Congreso. O cambio parcial de posición dos socialistas non impedirá, en todo caso, que o tratado se aprobe.
O anunciado silencio de Bárcenas tranquiliza o PP ante a súa declaración na comisión de investigación do Congreso, que terá lugar o vindeiro luns, destaca ElDiario. A súa defensa explica que a súa situación procesal lle impedirá responder a moitas das cuestións que lle propoñan os deputados
O Congreso aproba a elección da dirección de RTVE por concurso público e con consenso previo dos grupos. O Goberno de Rajoy reformou a lei en 2012 para asegurarse o control dos medios públicos aproveitando a súa maioría absoluta. A medida fora aplaudida por Feijóo.