Pujol comparecerá no Parlament o vindeiro 22 de setembro e aceptará preguntas. Así o asegurou a presidenta da Cámara catalá nunha entrevista.
Fálase
Eldiario.es analiza a situación de Alfon, o mozo de Vallecas detido na folga xeral do 14-N e que será xulgado o vindeiro 18 de setembro tras ser acusado de posuír explosivos e a quen a acusación pide máis de cinco anos de cadea.
Primeira querela en Arxentina contra Israel por xenocidio. Cidadáns daquel país acusan o Estado xudeu de crimes de guerra e delitos de lesa humanidade.
O 23% dos cataláns apoia celebrar a consulta diga o que diga o Constitucional, mentres que o 45% considera que se debería acatar unha sentenza en contra, segundo unha enquisa que publica El País.
O PSdeG leva ao Parlamento e aos concellos o seu rexeitamento á reforma electoral que propon o PP.
A Assemblea Nacional Catalana (ANC) presenta a súa delegación galega o vindeiro luns en Compostela. Esta asemblea exterior é unha das que a entidade ten en 26 países diferentes para "difundir internacionalmente o proceso catalán".
A xuíza da Pokémon aprecia que Paula Prado cometeu catro delitos. Segundo Aduanas, tería facturado ao Concello a través de Vendex e Aquagest.
España, á cola de Europa en camas de hospital por habitante. O gasto sanitario, un 9,4% do PIB, tamén está lixeiramente por baixo da media.
Marrocos deporta subsaharianos como castigo por se manifestar contra os ataques racistas. Máis de 15 persoas foron enviadas aos seus países sen garantías nin previo aviso.
A Xunta ten case a metade de liberados sindicais que en 2011 tras eliminar 330 nos últimos tres anos.