Fernández Sousa ficha o ex xefe de prensa de Carme Chacón para que o asesore persoalmente. O ex presidente de Pescanova busca recompoñer a súa imaxe e unha reacción social en Galicia favorable, que o identifique cos bos tempos.
Fálase
O Partido Popular enviou datos falsos ao Tribunal de Contas durante 13 anos. Por exemplo, os abonos que nas contas andaluzas aparecían como "nómina diputados" quedaron camuflados detrás do nome dunha pequena editorial.
O Goberno declara "de utilidade pública" a asociación ultraconservadora Hazteoir.org. A disposición do BOE está asinada polo ministro do Interior, Jorge Fernández Díez, ultracatólico, abertamente contrario ao aborto e ás unións do mrsmo sexo.
José Luis Rodríguez Zapatero afirma en RNE que "noi sairá da miña boca unha crítica a Rajoy. A voz dun expresidente ten repercusión" e tamén pon en dúbida que o obxetivo de CiU sexa a independencia de Catalunya: "o que estamos vendo é unha estratexia política".
New Left Review publica un interesante debate entre Asef Bayat e Tariq Ali a respecto das revolucións árabes
Un grupo de economistas de toda Europa, entre eles Juan Francisco Martín Seco, difunde un manifesto que defende a saída do euro dos países "máis competitivos" pois "un euro máis débil potenciaria a competitividade" dos paises do sur. O obxectivo é "preservar os máis valiosos logros da integración europea".
O xuíz do caso Nóos investigará a infanta Cristina por supostas irregularidades fiscais.
O concelleiro de Deportes de Santiago, tamén imputado na Pokemon. Adrián Varela terá que declarar o vindeiro 17 de xuño.
Caramelo presenta un ERE para despedir cen traballadores en Galicia logo de presentar o concurso voluntario de acredores en abril.
Accionistas minoritarios de Pescanova pedirán cadea para Sousa. O seu avogado asegura queu "con total probabilidade" pedirán o seu ingreso en prisión ou a retirada do pasaporte.