O Goberno declara "de utilidade pública" a asociación ultraconservadora Hazteoir.org. A disposición do BOE está asinada polo ministro do Interior, Jorge Fernández Díez, ultracatólico, abertamente contrario ao aborto e ás unións do mrsmo sexo.
Fálase
José Luis Rodríguez Zapatero afirma en RNE que "noi sairá da miña boca unha crítica a Rajoy. A voz dun expresidente ten repercusión" e tamén pon en dúbida que o obxetivo de CiU sexa a independencia de Catalunya: "o que estamos vendo é unha estratexia política".
New Left Review publica un interesante debate entre Asef Bayat e Tariq Ali a respecto das revolucións árabes
Un grupo de economistas de toda Europa, entre eles Juan Francisco Martín Seco, difunde un manifesto que defende a saída do euro dos países "máis competitivos" pois "un euro máis débil potenciaria a competitividade" dos paises do sur. O obxectivo é "preservar os máis valiosos logros da integración europea".
O xuíz do caso Nóos investigará a infanta Cristina por supostas irregularidades fiscais.
O concelleiro de Deportes de Santiago, tamén imputado na Pokemon. Adrián Varela terá que declarar o vindeiro 17 de xuño.
Caramelo presenta un ERE para despedir cen traballadores en Galicia logo de presentar o concurso voluntario de acredores en abril.
Accionistas minoritarios de Pescanova pedirán cadea para Sousa. O seu avogado asegura queu "con total probabilidade" pedirán o seu ingreso en prisión ou a retirada do pasaporte.
A troika presiona o Goberno e os bancos para que se abra o crédito. Técnicos do FMI, BCE e a Comisión Europea reúnense cos responsables das entidade financeiras.
Rouco Varela designa oito exorcistas en Madrid ante as peticións "para combater Satanás", segundo El Confidencial. Fontes do arcebispado limitáronse a sinalar que este tema “está en estudo”.