A troika presiona o Goberno e os bancos para que se abra o crédito. Técnicos do FMI, BCE e a Comisión Europea reúnense cos responsables das entidade financeiras.
Fálase
Rouco Varela designa oito exorcistas en Madrid ante as peticións "para combater Satanás", segundo El Confidencial. Fontes do arcebispado limitáronse a sinalar que este tema “está en estudo”.
El Intermedio emitiu este xoves o programa dedicado a Aznar e que fora suspendido o mércores entre rumores de censura desmentidos polo propio Wyoming: "Aznar ten cousas máis importantes que afundir El Intermedio: afundir a Rajoy"
Máis do 50% dos emprendedores pecha antes de dous anos en España. O 80% dos autónomos cotiza á Seguridade Social pola base mínima e un millón non se dá de alta porque os seus ingresos non superan o Salario Mínimo.
O Ministerio de Industria tenta evitar o peche definitivo de Garoña. Nuclenor, a empresa propietaria, quere que se lle autorice á central a continuar un ano máis en parada fría (a baixa temperatura)
El Pais detalla como empresas de Francisco Correa apuntaban a man como se pagaba con “diñeiro b” determinados proveedores de actos electorales do PP en Galicia.
Absolto da acusación de "atentado á autoridade" o xornalista detido en Oviedo mentres cubría unha concentración antitaurina. En El Diario
Os 'sen teito' aumentan un 65% en Galicia, segundo os últimos datos do INE.
A comisión oficial sobre preferentes conclúe que bancos e caixas cumpriron a normativa "agás casos puntuais". Cóntao a Cadena Ser.
O xuíz Ruz imputa a Fernández de Sousa e a Paz-Andrade por "falseamento de información económica, falseamento de contas anuais e uso de información relevante" na súa xestión en Pescanova. Cóntao El País.