Máis do 50% dos emprendedores pecha antes de dous anos en España. O 80% dos autónomos cotiza á Seguridade Social pola base mínima e un millón non se dá de alta porque os seus ingresos non superan o Salario Mínimo.
Fálase
O Ministerio de Industria tenta evitar o peche definitivo de Garoña. Nuclenor, a empresa propietaria, quere que se lle autorice á central a continuar un ano máis en parada fría (a baixa temperatura)
El Pais detalla como empresas de Francisco Correa apuntaban a man como se pagaba con “diñeiro b” determinados proveedores de actos electorales do PP en Galicia.
Absolto da acusación de "atentado á autoridade" o xornalista detido en Oviedo mentres cubría unha concentración antitaurina. En El Diario
Os 'sen teito' aumentan un 65% en Galicia, segundo os últimos datos do INE.
A comisión oficial sobre preferentes conclúe que bancos e caixas cumpriron a normativa "agás casos puntuais". Cóntao a Cadena Ser.
O xuíz Ruz imputa a Fernández de Sousa e a Paz-Andrade por "falseamento de información económica, falseamento de contas anuais e uso de información relevante" na súa xestión en Pescanova. Cóntao El País.
#consellodaxunta Feijóo subliña que o inicio do goberno de Aznar foi moi "impopular" e no ano 2000 conseguiu "a primeira maioría absoluta de España". "Eu estaba alí, vivino, e esta lexislatura pode ser parecida", asegura. En todo caso, manifesta "respecto e admiración dificilmente superables" pola xestión de Aznar.
#consellodaxunta Feijóo di que a rotulación en galego "non pode ser en ningún caso un problema" nos sinais das autoestradas. "Se o problema é qeu non estea o castelán, que se poña", di.
#consellodaxunta Feijóo di non ter "ningunha información" a respecto dos pagamentos do PP ao ex presidente de Caja Madrid, Miguel Blesa. Considera "imprudente" opinar ao respecto.