New Left Review publica un interesante debate entre Asef Bayat e Tariq Ali a respecto das revolucións árabes
Fálase
Un grupo de economistas de toda Europa, entre eles Juan Francisco Martín Seco, difunde un manifesto que defende a saída do euro dos países "máis competitivos" pois "un euro máis débil potenciaria a competitividade" dos paises do sur. O obxectivo é "preservar os máis valiosos logros da integración europea".
O xuíz do caso Nóos investigará a infanta Cristina por supostas irregularidades fiscais.
O concelleiro de Deportes de Santiago, tamén imputado na Pokemon. Adrián Varela terá que declarar o vindeiro 17 de xuño.
Caramelo presenta un ERE para despedir cen traballadores en Galicia logo de presentar o concurso voluntario de acredores en abril.
Accionistas minoritarios de Pescanova pedirán cadea para Sousa. O seu avogado asegura queu "con total probabilidade" pedirán o seu ingreso en prisión ou a retirada do pasaporte.
A troika presiona o Goberno e os bancos para que se abra o crédito. Técnicos do FMI, BCE e a Comisión Europea reúnense cos responsables das entidade financeiras.
Rouco Varela designa oito exorcistas en Madrid ante as peticións "para combater Satanás", segundo El Confidencial. Fontes do arcebispado limitáronse a sinalar que este tema “está en estudo”.
El Intermedio emitiu este xoves o programa dedicado a Aznar e que fora suspendido o mércores entre rumores de censura desmentidos polo propio Wyoming: "Aznar ten cousas máis importantes que afundir El Intermedio: afundir a Rajoy"
Máis do 50% dos emprendedores pecha antes de dous anos en España. O 80% dos autónomos cotiza á Seguridade Social pola base mínima e un millón non se dá de alta porque os seus ingresos non superan o Salario Mínimo.