O fotógrafo Óscar Corral gaña o Galicia en foco 2016 cunha imaxe dunha tractorada de protesta en Santiago publicada en El País.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/577651713e07d-corral.jpg)
O fotógrafo Óscar Corral gaña o Galicia en foco 2016 cunha imaxe dunha tractorada de protesta en Santiago publicada en El País.
O Tribunal Supremo de Austria ordena repetir as eleccións presidenciais, que o candidato ecoloxista gañou á ultradereita por unha estreita marxe. A formación ultra derrotada presentara un recurso contra o resultado, que agora a Xustiza atende.
España volve incumprir o obxectivo de acollida de refuxiados marcado polo propio Ministerio do Interior. Fernández Díaz propuxo reubicar 586 solicitantes de asilo para mediados de xuño. Apenas chegou a metade desa pequena cifra
A cantidade acumulada polos morosos que figuran na lista de grandes debedores a Facenda publicada pola Axencia Tributaria pagaría os recortes que esixe Bruxelas, as axudas á dependencia e o investimento en I+D
Rajoy deixa para a vindeira semana as reunións para preparar a súa investidura. Ata o de agora só falou con Coalición Canaria, a quen citou o martes na Moncloa
Fomento abrirá dúas obras clave de Santiago antes do 25 de xullo. A ministra, Ana Pastor, visitou o novo acceso ampliado ao polígono do Tambre e o túnel de Conxo, iniciado hai un ano e medio e cuxa humanización en superficie aínda tardará algo máis.
O TSXG admite a trámite a querela da ex-edil socialista de Ourense Áurea Soto contra o xuíz Leonardo Álvarez. A actuación do maxistrado contra a antiga concelleira "pode constituír un presunto delito de prevaricación", di o auto.
A Axencia Tributaria rexistra as oficinas de Google España por suposta fraude fiscal.
O director de Diario de Ferrol pide "disculpas" polo artigo homófobo publicado no xornal. Despois da nota de protesta do persoal, Carlos Miragaya explica que "lo que se pretendía, en un tono jocoso que ha herido la sensibilidad no solo de dicho colectivo sino la de muchos de los que compartimos sus derechos, era reivindicar la celebración de una jornada dedicada a los heterosexuales". Pódese ler aquí o texto íntegro.
A Fiscalía da Audiencia Nacional rexeita investigar o financiamento de Podemos. Considera que o coñecido como "informe PISA", elaborado por policías e remitido á Audiencia por un colectivo de ultradereita, é pouco máis ca "un conxunto desordenado de recortes de prensa". Adiántao a SER