Política Lingüística admite un retroceso nas competencias do alumnado en lingua galega pero desvicúlao do decreto plurilingüe. Cóntao Faro de Vigo
Fálase
A Xunta expedienta a Fenosa por cobrar cinco millóns irregularmente. Cóntao El País
Compostela acollerá a vindeira semana as V Xornadas do Centro Nacional de Física de Partículas, Astropartículas e Nuclear, que reunirá a elite dos seus campos, destacando a achega dos grupos de investigación da USC a experimentos internacionais como o LHC
A Fiscalía amosa a súa "absoluta discrepancia" coa sentenza do Prestige, di que "non se axusta a dereito" e aclara que medita recorrer o ditame.
A Iniciativa Galega pola Gratuidade da Sanidade sae "decepcionada" da xuntanza coa conselleira de Sanidade e anuncia que "a batalla social non se deterá". O alcalde de Riotorto considera "previsible" a negativa da Xunta a dar marcha atrás no copago farmacéutico e cre que o Goberno galego volve demostrar "que o que menos lle importa son as persoas”.
A Xustiza condena o Concello da Coruña por vulnerar os dereitos fundamentais do voceiro do BNG ao impedirlle o acceso ás auditorías da planta de tratamento de lixo de Nostián.
A Xunta di agora que perdeu parte dos contratos de Marcial Dorado nunha inundación. A información, esta tarde en Praza.
Máis de 2.000 operarios de Navantia saen á rúa en Ferrol, cortan a autoestrada e volven reclamar carga de traballo logo de que se confirmase que a empresa estatal perdeu un contrato de gaseiros. Imaxe de @AlvaroSeco.
Aznar cre que a sentenza do Prestige demostra "a manipulación xigantesca" e o "radicalismo lamentable" da oposición naqueles días. O ex presidente do Goberno cre que a xestión da catástrofe "foi razonablemente boa".
TVE mantén sen emitir un filme sobre a conspiración contra a II República que financiou a propia canle estatal. O equipo da película, que inaugurou o Festival de Ourense, mantén que están a sufrir "censura" cunha escusa económica. En El País