Motor e acelerador dunha desbrozadora, depósito de combustible dunha minimoto, dirección de bicicleta e chasis caseiro. Así era o vehículo no que circulaba un veciño de Lugo detido pola Garda Civil na estrada da Fonsagrada.

Motor e acelerador dunha desbrozadora, depósito de combustible dunha minimoto, dirección de bicicleta e chasis caseiro. Así era o vehículo no que circulaba un veciño de Lugo detido pola Garda Civil na estrada da Fonsagrada.
Feijóo di que estudará regular o uso da saia nos colexios con uniforme só se detecta que os centros non cumpren a “recomendación” do Parlamento. A Cámara galega aprobou por unanimidade unha proposta non vinculante de En Marea para prohibir a imposición da saia ás nenas.
Abanca merca a rede do portugués Banco Caixa Geral en España por 364 millóns de euros. O Consello de Ministros de Portugal vén de anunciar que a entidade herdeira das antigas grandes caixas galegas se impuxo na poxa pola entidade do país veciño. Abanca destaca nun comunicado que vai "incrementar o seu volume de negocio en 7.000 millóns de euros".
O Tribunal Constitucional sentencia que os gobernos en funcións si teñen que estar sometidos ao control parlamentario. Dá así a razón ao Congreso no conflito de atribucións formulado mentres o Goberno de Rajoy estivo en funcións, cando se negou a ser controlado. "A función de control que corresponde ás Cortes está implícita (...) na forma de goberno parlamentario" e non lles pode ser "negado", subliña a sentenza.
120 catedráticos e docentes universitarios de Dereito rexeitan nun manifesto as acusacións de sedición e rebelión contra os dirixentes independentistas cataláns. Un dos profesores que promoven o texto é José Ángel Brandariz, da Universidade da Coruña.
Berta Dávila gaña a XIX edición do Premio de poesía Díaz Jácome para novos creadores coa súa obra Limiar. O certame convócao o Concello de Mondoñedo en colaboración coa Deputación de Lugo.
O Tribunal Superior anula o intento da Xunta de elixir por libre designación catro xefes de servizo de Sanidade e o Sergas. O TSXG, nunha sentenza agora divulgada, atende un recurso presentado por CCOO contra a modificación da relación de postos de traballo aprobada polo Goberno galego en xullo do ano pasado porque non xustificou as razóns polas que eses postos teñen que ser cubertos a dedo e non cun proceso selectivo.
O PP abstense na condena ao franquismo no Senado porque para secundala esixía pedir a prohibición de "ideoloxías populistas" e de organizacións comunistas. Ciudadanos, UPN e Foro Asturias tamén se abstiveron nesta moción do PSOE, que saíu aprobada.
Fillas e fillos de mulleres asasinadas polas súas parellas ou ex-parellas serán indemnizadas pola Xunta, segundo anunciou o vicepresidente Rueda no Parlamento.
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia comeza a tramitar o recurso de Antón Sánchez (En Marea) contra a Xunta por non lle entregar documentación sobre a fusión de Caixa Galicia e Caixanova que vén reclamando dende o ano 2013. Entre os papeis reclamados figura a "carta de encargo" do Goberno galego á consultora KPMG, autora do informe sobre a fusión que a Xunta presentara como "auditoría" malia non ser tal.