Feijóo encoméndalle ao vicepresidente, Alfonso Rueda, o "despacho dos asuntos da Presidencia" ata o seu regreso da viaxe oficial a Cuba, que inicia hoxe.
Fálase
Dimite o alcalde de Cedeira, Leopoldo Rubido (PP), que ocupaba o cargo dende a ditadura. Unha das súas últimas decisións máis controvertidas foi cederlle un albergue municipal a unha organización franquista. Cóntao El País
A muller dun conselleiro de Cospedal salta a lista de espera nun hospital para ser operada antes que xente que levaba un ano agardando. Pasou diante de 20 pacientes coa súa patoloxía e de 300 con outras doenzas.
A Xustiza arxentina pide un listado de vítimas imputable a Martín Villa, que podería ser procesado e extraditado. O xuíz Ruz pon hoxe en marcha o proceso de extradición de dous torturadores franquistas.
A xustiza investiga suborno, branqueo, tráfico de influencias e prevaricación no Concello da Coruña. Aduanas non só requisou contratos con Vendex, senón correos electrónicos de concelleiros socialistas e populares.
PSA-Citroën solicita 30 días de ERE para un máximo de 3.580 traballadores nan planta de Vigo en 2014. Os sindicatos exixen menos afectados e manter o complemento salarial.
O Lugo cae na casa ante o Alcorcón (1-2) tras un gol no último minuto dos visitantes nun encontro no que os galegos mereceron moito máis.
O FROB amplía o prazo para presentar ofertas por Novagalicia Banco. Os interesados terán agora até o 16 de setembro para confirmar o seu interese pola entidade.
Unha asociación de expertos en bandeiras ofrece opcións para modificar a do Reino Unido no caso de que Escocia se independice. Recólleo a BBC, que lle pide á súa audiencia que achegue as súas propias suxestións.
A IEEE Computer Society publica as dez tendencias tecnolóxicas para 2014: Mobile Cloud, 3D, Big Data, as aplicacións online para a atención médica ou para a aprendizaxe e formación serán algunhas das protagonistas.