O FROB amplía o prazo para presentar ofertas por Novagalicia Banco. Os interesados terán agora até o 16 de setembro para confirmar o seu interese pola entidade.
Fálase
Unha asociación de expertos en bandeiras ofrece opcións para modificar a do Reino Unido no caso de que Escocia se independice. Recólleo a BBC, que lle pide á súa audiencia que achegue as súas propias suxestións.
A IEEE Computer Society publica as dez tendencias tecnolóxicas para 2014: Mobile Cloud, 3D, Big Data, as aplicacións online para a atención médica ou para a aprendizaxe e formación serán algunhas das protagonistas.
Atopan en Atapuerca o ADN humano máis antigo até o momento. Foi extraído dun fémur duns 400 mil anos de idade. O achado foi publicado no último número de Nature.
A Real Academia Galega esixe nun comunicado que o Goberno de España e a Xunta garantan a plena validez dos certificados de estudo redactados en galego.
Freiremar retira mercadoría da súa planta de Bouzas con escolta policial. Os traballadores, que levaron a cabo un peche para tentar evitalo, foron desaloxados pola policía.
O director de Inspección Financeira da Axencia Tributaria presenta a súa renuncia, que chega dúas semanas despois do cese da inspectora que tramitou o expediente sancionador á multinacional Cemex
A Policía manda calar a un grupo de nenos dun colexio que pedían a reapertura de Canal 9 nas proximidades dun acto do presidente valenciano, Alberto Fabra. En El Diario
UPyD pídelle ao Goberno central que se queixe á Wikipedia pola definición que fai de ETA. Recólleo El Diario
Europa multa con 1.710 millóns seis bancos (Deutsche Bank, Societé Générale, Royal Bank of Scotland, JPMorgan, Citigroup e RP Martin) por manipular o Euríbor e o Líbor