UPyD pídelle ao Goberno central que se queixe á Wikipedia pola definición que fai de ETA. Recólleo El Diario
Fálase
Europa multa con 1.710 millóns seis bancos (Deutsche Bank, Societé Générale, Royal Bank of Scotland, JPMorgan, Citigroup e RP Martin) por manipular o Euríbor e o Líbor
A Xunta concédelle a Evo Banco a condición de entidade colaboradora para a recadación de impostos. Evo foi a marca utilizada por Novagalicia Banco para a súa rede fóra de Galicia ata que foi vendida o pasado setembro.
O director de The Guardian, Alan Rusbridger, compareceu ante unha comisión do Parlamento Británico para falar do caso Snowden. Revelou que o xornal británico só publicou o 1% dos documentos que Snowden lles confiou.
O Ministerio de Sanidade prepara unha norma para regular os produtos homeopáticos. A directora da Axencia Española de Medicamentos, Belén Crespo, afirma nunha entrevista que "non todos os fármacos homeopáticos teñen que demostrar eficacia"
O PPdeG atribúe o bo nivel en castelán dos nenos galegos ao decreto do plurilingüismo, segundo vén de afirmar José Manuel Barreiro, voceiro popular no Senado, na Radio Galega.
Un xulgado declara ilegal o contrato estrela da reforma laboral. Considera nulo un período de proba dun ano sen indemnización, tal e como permite o contrato para emprendedores que tantoo impulsou o Executivo.
A Consellería de Educación ofrécese a traducir os certificados en galego polo que o Estado rexeitou bolsas, pero aclara que deberían ser editados en bilingüe.
O Instituto Galego de Vivenda e Solo decidirá este mércores se lle concede unha vivenda a Elisabeth Sanlés, en resposta á solicitude presentada por ela hai dous meses, e despois dun proceso de dous anos. Stop Desafiuzamentos lembra que só na Coruña hai 20 mil vivendas baleiras.
Facebook incorporará un botón de unfollow, para poder -dun xeito sinxelo- evitar ler as actualizacións dunha persoa sen eliminala como amiga