A empresa galega Cilenis lanza as versións para móbil dos seus conxugadores verbais de español e portugués, que se unen ao Conxugalego, xa dispoñible para Android
Fálase
Batalla campal entre mineiros e antidisturbios da Garda Civil, que tiveron que intervir en varias zonas para garantir a circulación polas estradas. Vídeo de La Nueva España.
Fitch rebaixa o 'rating' de 18 bancos españoles logo de baixar a nota do Santander e de BBVA.
O deputado de ERC, Alfred Bosch, desprega unha bandeira independentista catalá no Congreso durante o debate para prohibir as asubiadas aos símbolos españois nos acontecementos deportivos.
O bono español a dez anos acada o seu interese máis alto dende 1997, o 6,8%, mentres que a prima de risco chega a 543 puntos básicos. Merkel aclara que o rescate á banca española "por suposto que ten contrapartidas".
Esta fin de semana celébrase en Pontevea (Teo) a segunda edición das Olimpiadas Populares Galegas. Participarán 196 atletas, en 17 equipos, nun total de 14 probas: salto de lonxitude, pentasalto, carreiras de 100 m, 4x100 m e 5.000 m, triatlón, tiro con arco, tiro de sacho, billarda, voleibol, brilé, tiro de corda e chave.
CC.OO. pide a destitución da directora dos Servizos Informativos da TVG, Pilar Bermúdez, "pola incesante manipulación". En ocasións anteriores o Comité Interempresas da CRTVG xa esixiu a dimisión de Bermudez, por exemplo, pola cobertura do conflito das participacións preferentes.
UGT cre que o Goberno está fomentando unha "radicalización" do conflito na minaría e compara a Rajoy con Thatcher no seu intento de impoñerse no conflito "por esgotamento"
A prima de risco española roza os 530 puntos e achégase a máximos. Cinco Días explica que os especuladores están atacando a rendibilidade da débeda sobrana española "con catro duros", ante a inacción do BCE.
De Guindos pide comparecer no Congreso para explicar o rescate, ao contrario que Mariano Rajoy, que non o fará, cando menos, até despois do cumio europeo que se celebrará o 28 e 29 de xuño