A prima de risco española roza os 530 puntos e achégase a máximos. Cinco Días explica que os especuladores están atacando a rendibilidade da débeda sobrana española "con catro duros", ante a inacción do BCE.
Fálase
De Guindos pide comparecer no Congreso para explicar o rescate, ao contrario que Mariano Rajoy, que non o fará, cando menos, até despois do cumio europeo que se celebrará o 28 e 29 de xuño
Falece Pahíño, mítico xogador do Celta e do Deportivo nos anos 40 e 50. O futbolista galego, pichichi en dúas ocasións, morreu a pasada madrugada en Madrid aos 89 anos. Marcou 46 goles en tres temporadas como branquiazul e 56 en catro campañas de celeste.
A Asemblea Nacionalista de Ferrolterra aprobou na súa reunión de onte, realizada en Fene, esixir a paralización da actividade da planta de gas de Reganosa
El Confidencial asegura que o ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, freará as obras do AVE a Galicia e que as empresas construtoras xa son conscientes disto.
As Novas Xeracións do PP de Catalunya acusan de "separatismo" ao alcalde de Barcelona, Xavier Trias (CiU) por non instalar pantallas xigantes na rúa para seguir os partidos da selección española na Eurocopa de fútbol.
O ex conselleiro de Pesca e antigo rival de Feijóo no congreso do PPdeG en 2006, Enrique López Veiga, vén de ser elixido polo pleno do Parlamento como novo senador por designación autonómica. Os votos afirmativos foron 37 do PP -unha deputada conservadora está ausente por maternidade-, houbo 31 abstencións e 4 votos nulos.
Os traballadores de Alcoa chegan xa a Ordes tras emprender unha marcha a pé desde A Coruña e até Compostela para reclamar un plan industrial que garanta o mantemento da produción e os empregos da factoría coruñesa. Imaxe de @TraballadoAlcoa
Os doce deputados do BNG concéntranse nas escaleiras principais do Parlamento para reclamar un referendo sobre o rescate. Esta tarde, os nacionalistas teñen convocadas dez concentracións para "denunciar" a "gran estafa" que, din, supón esta operación. A CIG tamén vén de convocar mobilizacións para este venres e unha manifestación para o 1 de xullo.
Barroso asegura que foi el quen presionou a Mariano Rajoy. O presidente da Comisión Europea aclara no Finantial Times que tivo que convencer o xefe do Executivo para que solicitase a intervención do seu sistema financeiro ante as súas reticencias.