El Confidencial asegura que o ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, freará as obras do AVE a Galicia e que as empresas construtoras xa son conscientes disto.
Fálase
As Novas Xeracións do PP de Catalunya acusan de "separatismo" ao alcalde de Barcelona, Xavier Trias (CiU) por non instalar pantallas xigantes na rúa para seguir os partidos da selección española na Eurocopa de fútbol.
O ex conselleiro de Pesca e antigo rival de Feijóo no congreso do PPdeG en 2006, Enrique López Veiga, vén de ser elixido polo pleno do Parlamento como novo senador por designación autonómica. Os votos afirmativos foron 37 do PP -unha deputada conservadora está ausente por maternidade-, houbo 31 abstencións e 4 votos nulos.
Os traballadores de Alcoa chegan xa a Ordes tras emprender unha marcha a pé desde A Coruña e até Compostela para reclamar un plan industrial que garanta o mantemento da produción e os empregos da factoría coruñesa. Imaxe de @TraballadoAlcoa
Os doce deputados do BNG concéntranse nas escaleiras principais do Parlamento para reclamar un referendo sobre o rescate. Esta tarde, os nacionalistas teñen convocadas dez concentracións para "denunciar" a "gran estafa" que, din, supón esta operación. A CIG tamén vén de convocar mobilizacións para este venres e unha manifestación para o 1 de xullo.
Barroso asegura que foi el quen presionou a Mariano Rajoy. O presidente da Comisión Europea aclara no Finantial Times que tivo que convencer o xefe do Executivo para que solicitase a intervención do seu sistema financeiro ante as súas reticencias.
Amaiur considera que a banca "non necesita ser rescatada, senón investigada, procesada e xulgada"
As barricadas dos mineiros volven cortar as estradas asturianas nunha nova xornada de protesta. Catro vías están sendo afectadas (A-8, N-634, A-63 e A-66). Imaxe de @kirovast
O FMI dá un prazo de "tres meses" para salvar o euro. A directora xerente do organismo, Christine Lagarde, asegurouno así nunha entrevista na CNN, pero non se atreveu a previr se Grecia sairá da Eurozona.
O Premio Nobel de Economía Joseph Stiglitz afirma que "o rescate financeiro a España non funcionará". Stiglitz argumenta que o incremento da débeda pública e do deficit obrigará ao Estado a pedir axuda aos banco que agora está salvando e pide que se aposte por estimular o crecemento.