Os traballadores de Alcoa chegan xa a Ordes tras emprender unha marcha a pé desde A Coruña e até Compostela para reclamar un plan industrial que garanta o mantemento da produción e os empregos da factoría coruñesa. Imaxe de @TraballadoAlcoa
Fálase
Os doce deputados do BNG concéntranse nas escaleiras principais do Parlamento para reclamar un referendo sobre o rescate. Esta tarde, os nacionalistas teñen convocadas dez concentracións para "denunciar" a "gran estafa" que, din, supón esta operación. A CIG tamén vén de convocar mobilizacións para este venres e unha manifestación para o 1 de xullo.
Barroso asegura que foi el quen presionou a Mariano Rajoy. O presidente da Comisión Europea aclara no Finantial Times que tivo que convencer o xefe do Executivo para que solicitase a intervención do seu sistema financeiro ante as súas reticencias.
Amaiur considera que a banca "non necesita ser rescatada, senón investigada, procesada e xulgada"
As barricadas dos mineiros volven cortar as estradas asturianas nunha nova xornada de protesta. Catro vías están sendo afectadas (A-8, N-634, A-63 e A-66). Imaxe de @kirovast
O FMI dá un prazo de "tres meses" para salvar o euro. A directora xerente do organismo, Christine Lagarde, asegurouno así nunha entrevista na CNN, pero non se atreveu a previr se Grecia sairá da Eurozona.
O Premio Nobel de Economía Joseph Stiglitz afirma que "o rescate financeiro a España non funcionará". Stiglitz argumenta que o incremento da débeda pública e do deficit obrigará ao Estado a pedir axuda aos banco que agora está salvando e pide que se aposte por estimular o crecemento.
The Economist publica un mapa mundial da débeda pública coa evolución anual deste indicador por países e un contador continuo
Traballadores de Alcoa marchan a pé a Santiago para defender o seu futuro. Chegarán este mércores ao mediodía a San Caetano, onde se concentrarán
La Región, xornal afín a Baltar, segue cargando nas súas portadas contra Núñez Feijoo, denunciando un trato desfavorable para a provincia de Ourense. Desta vez afirma que "A obra pública da Xunta caeu en Ourense un 87% con respecto a 2011"