Esta fin de semana celébrase en Pontevea (Teo) a segunda edición das Olimpiadas Populares Galegas. Participarán 196 atletas, en 17 equipos, nun total de 14 probas: salto de lonxitude, pentasalto, carreiras de 100 m, 4x100 m e 5.000 m, triatlón, tiro con arco, tiro de sacho, billarda, voleibol, brilé, tiro de corda e chave.
