Alfonso Guerra cre que o Estado debe frear a "rebelión" catalá como en 1934. Daquela, o presidente da Generalitat e varios membros do Govern foran detidos.
Fálase
- Comeza no Parlamento a comparecencia de José Manuel Baltar, na que se prevé que os grupos da oposición o cuestionen pola denuncia da muller que o acusa de ofrecer un posto de traballo a cambio de sexo. Toda a información, hoxe en Praza.
A Fiscalía si outorga credibilidade ao relato da testemuña protexida no caso Jimmy. O seu testemuño sinala varios dos presuntos asasinos do afeccionado deportivistas, que coinciden con varios dos que tamén acusa a policía.
O presidente da Deputación de Lugo suxire que Manuel Martínez actúa como un "tránsfuga" e atribúelle unha "negociación escura" co PP. Darío Campos afirmouno na súa comparecencia no Parlamento para presentar os orzamentos da institución. Recólleo Europa Press.
Diego Calvo volve á delegación da Xunta na Coruña substituíndo a Belén Docampo, nova directora xeral de Produción Agropecuaria. Calvo, secretario xeral do PP coruñés, ostentou o cargo dende o inicio do goberno Feijóo ata que en 2011 pasou a presidir a Deputación da Coruña.
O barómetro do CIS sitúa o PP como primeira forza cara ás xerais co 29,1% dos votos e o PSOE, como segunda forza co 25,3%. O estudo dálle a Ciudadanos o terceiro posto, co 14,7%, e a Podemos o cuarto, co 10,8%. O inquérito prognostica un 0,5% dos votos para o BNG. Está a debullalo eldiario.es
A Comisión Europea prevé que o déficit español será maior do previsto polo Goberno central en 2015 e 2016. Segundo estas previsións, a débeda pública seguirá por riba do 100% do PIB e o paro non baixará do 20% ata 2017,
Dous libros recompilan múltiplas irregularidades financeiras no Vaticano. Recólleo El País
O PSOE estuda tomar medidas contra o alcalde de Becerreá tras votar co PP para retirarlle ao BNG media dedicación exclusiva e asesores tanto ao seu grupo político na Deputación de Lugo como á Vicepresidencia da institución, que xestionan os nacionalistas. Recólleo El Progreso.
eldiario.es amosa nun mapa interactivo as conexións entre empresas do Ibex 35 e os seus responsables