O presidente da Xunta intervirá mañá na homenaxe ao ex presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar. O acto celebrarase no recinto de Expourense e prevese multitudinario. Estará conducido polo presentador de televisión Xosé Manuel Piñeiro.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/4fe48fe9b1ad0-4fa7fc3d3f4d9-img_0300.jpg)
O presidente da Xunta intervirá mañá na homenaxe ao ex presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar. O acto celebrarase no recinto de Expourense e prevese multitudinario. Estará conducido polo presentador de televisión Xosé Manuel Piñeiro.
O pleno do Concello de Santiago aprobou este venres os seus orzamentos para 2012 só cos votos do PP. Un dos principais investimentos previstos é a reforma dun parque, cuxa configuración xa foi modificada hai escasos anos.
O Goberno central concédelle ao secretario xeral do PSdeG na Coruña, Francisco Caamaño, a Gran Cruz de San Raimundo de Peñafort na súa calidade de ex ministro de Xustiza
Milleiros de exipcios enchen a Praza Tahrir á espera de que se fagan públicos os resultados das eleccións presidenciais e para esixirlle ao exército que abandone o poder. O candidato dos Irmáns Musulmáns, Mohammed Morsi, estaría conformando unha coalición de forzas diversas, entre elas a de Mohamed El-Baradei, para asumir o poder.
The New York Times describe nunha reportaxe a forma en que a CIA estaría introducindo armas en Siria, co apoio de Turquía, Arabia e Qatar, para apoiar as forzas da oposición.
O presidente de Paraguai, Fernando Lugo, será sometido a un xuízo político no Senado (figura legal da Constitución paraguaia) que pode obrigalo a abandonar o cargo. O detonante foi a matanza de 17 persoas no desaloxo duns campesiños que ocuparan unhas terras. Lugo denuncia unha campaña orquestrada polas forzas conservadoras, encabezadas polo Partido Colorado
O ministro de Industria, José Manuel Soria, afirma que non hai ningún sector en España que reciba tantas axudas pública coma a minaría. Manifestouse partidario de negociar un nuevo plan, que se aplicaría a partir de 2013 até 2018, para "concretar las medidas do plan de peche remitido a Bruxelas". As minas que recibiron axudas pecharán en 2019.
O BNG esíxelle a Feijoo que entregue no Parlamento o acordo asinado con Pemex. Fernando Blanco Parga afirma que dende o anuncio de Feijoo só hai “declaracións de intencións” por parte da Xunta, mentres nos medios de comunicación mexicanos aparecen distintas informacións nas que se fala de que os buques se van construir en México.
A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) trasladará a súa sede á Cidade da Cultura. O conselleiro de Cultura e Educación anuncia a candidatura do Gaiás para albergar o Womex 2014.
A Xunta anuncia, nunha presentación marcada pola indefinición, a creación dun "centro de emprendemento creativo" para "incubar empresas culturais" no Arquivo da Cidade da Cultura, cuxas funcións pasan á Biblioteca de Galicia. Ademais, din, no edificio de servizos centrais do Gaiás nacerá o "centro de innovación cultural e modernización tecnóloxica de Galicia", participado pola Fundación Cidade da Cultura, a Axencia de Modernización e o Centro de Proceso de Datos da Xunta.