A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) trasladará a súa sede á Cidade da Cultura. O conselleiro de Cultura e Educación anuncia a candidatura do Gaiás para albergar o Womex 2014.
Fálase
A Xunta anuncia, nunha presentación marcada pola indefinición, a creación dun "centro de emprendemento creativo" para "incubar empresas culturais" no Arquivo da Cidade da Cultura, cuxas funcións pasan á Biblioteca de Galicia. Ademais, din, no edificio de servizos centrais do Gaiás nacerá o "centro de innovación cultural e modernización tecnóloxica de Galicia", participado pola Fundación Cidade da Cultura, a Axencia de Modernización e o Centro de Proceso de Datos da Xunta.
Grupos de manifestantes volven acampar na Praza Tahrir do Cairo, esixíndolle ao exército que abandone o poder
A Xunta presenta a esta hora o Plan Estratéxico da Cidade da Cultura. Na presentación definen o complexo como a "aposta galega pola creatividade" e aseguran que ata o 50% dos fondos gastados no Gaiás virán de "fontes externas á Xunta".
Iñigo Sáenz de Ugarte analiza o descenso experimentado polo prezo do petróloeo nos últimos meses e afirma que seguirá baixando, pois a produción supera a demanda por primeira vez dende 2006. Analiza como isto pode prexudicar a Rusia, Venezuela ou Irán e como pode influír no ano electoral norteamericano.
Luis de Guindos dá a entender que este venres, cando regrese a Madrid, lle enviará a carta ao Eurogrupo coa petición formal de rescate para a banca española: "Iso vai chegar inmediatamente, nos próximos días, e en cando chegue a Madrid xa estará a carta preparada para remitila inmediatamente"
As festas de San Froilán xa teñen cartel. A obra de Joaquín París Varela foi escollida por votación popular na web das festas.
As festas de San Froilán xa teñen cartel. A obra de Joaquín París Varela foi escollida por votación popular na web das festas.
Hoxe inícianse as marchas de mineiros en dirección a Madrid. Saen de Asturias, León e Teruel e chegarán o 11 de xullo á capital do Estado.
Björk actúa esta noite na Cidade da Cultura, no que será o seu único concerto en España este ano. Aínda hai entradas (a 45 euros), para un evento que se revalorizou despois de que a islandesa cancelase as súas actuacións en Barcelona e Porto.