Luis de Guindos dá a entender que este venres, cando regrese a Madrid, lle enviará a carta ao Eurogrupo coa petición formal de rescate para a banca española: "Iso vai chegar inmediatamente, nos próximos días, e en cando chegue a Madrid xa estará a carta preparada para remitila inmediatamente"
Fálase
As festas de San Froilán xa teñen cartel. A obra de Joaquín París Varela foi escollida por votación popular na web das festas.
As festas de San Froilán xa teñen cartel. A obra de Joaquín París Varela foi escollida por votación popular na web das festas.
Hoxe inícianse as marchas de mineiros en dirección a Madrid. Saen de Asturias, León e Teruel e chegarán o 11 de xullo á capital do Estado.
Björk actúa esta noite na Cidade da Cultura, no que será o seu único concerto en España este ano. Aínda hai entradas (a 45 euros), para un evento que se revalorizou despois de que a islandesa cancelase as súas actuacións en Barcelona e Porto.
O FMI critica a postura alemá ante a crise, pide que a UE recapitalice a banca de forma directa e pídelle ao Banco Central Europeo medidas máis "creativas" para impulsar o crecemento
Caos bancario. O temido efecto contaxio cruza o Atlántico: segundo informa o New York Times, a influínte axencia de calificación Moody's acaba de rebaixar o rating de 15 dos principais bancos estadounidenses, entre eles o Citigroup e o Bank of America, que deste xeito quedan a só dous chanzos do junk ou crédito-lixo.
Ao redor de 200 asisten á presentación de Compromiso x Galicia en Compostela. Máis información en Praza nuns minutos
Unha petición en change.org recolle sinaturas para solicitar un referendo consultivo sobre a Lei de Montes e a implantación masiva dos cultivos enerxéticos.
A Consellaría de Educación adianta de setembro a xullo o prazo para que os Ciclos de FP acaden a demanda necesaria para manterse abertos. A CIG-Ensino denuncia que é un novo mecanismo para pechar ciclos