O FMI critica a postura alemá ante a crise, pide que a UE recapitalice a banca de forma directa e pídelle ao Banco Central Europeo medidas máis "creativas" para impulsar o crecemento
Fálase
Caos bancario. O temido efecto contaxio cruza o Atlántico: segundo informa o New York Times, a influínte axencia de calificación Moody's acaba de rebaixar o rating de 15 dos principais bancos estadounidenses, entre eles o Citigroup e o Bank of America, que deste xeito quedan a só dous chanzos do junk ou crédito-lixo.
Ao redor de 200 asisten á presentación de Compromiso x Galicia en Compostela. Máis información en Praza nuns minutos
Unha petición en change.org recolle sinaturas para solicitar un referendo consultivo sobre a Lei de Montes e a implantación masiva dos cultivos enerxéticos.
A Consellaría de Educación adianta de setembro a xullo o prazo para que os Ciclos de FP acaden a demanda necesaria para manterse abertos. A CIG-Ensino denuncia que é un novo mecanismo para pechar ciclos
A banca española precisa entre 51.000 e 62.000 millóns de euros para sanearse, segundo o resultado das auditorías independentes. Estas cifras serán a base do Goberno para solicitar o rescate a Europa. Novagalicia Banco é unha das entidades con máis necesidades.
Esperanza Aguirre propón eliminar o Tribunal Constitucional tras a legalización de Sortu. En El País.
Este venres saen á venda as entradas para o Sinsal San Simón, "o único festival que non anuncia o seu cartel", que se celebrará na illa o 24 e 25 de xullo. Este domingo comeza, ademais, o Sinsal Verán, co concerto da sorprendente Julia Holter. Será na terraza do Auditorio do Mar de Vigo, onde o 18 de xullo tamén actuará Destroyer, unha das estrelas do 2011.
Os traballadores e traballadoras do hospital e de atención primaria na comarca de Verín concéntranse para pedir o cese da Xerencia do CHUOU, por mor do traslado do Punto de Atención Continuada (PAC) de Verín para o Hospital ourensán.
Os promotores de Sortu afirman que o fallo do TC é o "triunfo verdadeiro de todo un pobo" e consideran que a sentenza debe supor "a superación definitiva do ciclo de ilegalizacións". Anuncian que en breve porán en marcha un "proceso constituínte" dende os concellos. O 30 de xuño terá lugar unha xuntanza preparatoria para a posta en marcha de novo da Udalbiltza