#PGE A previsión de investimento do Estado en Galicia cae en 2017 un 32%, ata os 924 millóns de euros. Toda a información, esta tarde en Praza.

#PGE A previsión de investimento do Estado en Galicia cae en 2017 un 32%, ata os 924 millóns de euros. Toda a información, esta tarde en Praza.
O ex-xefe de Seguridade de Adif investigado por homicidio e lesións en Angrois négase a declarar ante o xuíz que instrúe o caso ata que a Audiencia resolva sobre o recurso contra a súa imputación. Andrés Cortabitarte xa evitara declarar cando estivo imputado xunto a outros cargos da compañía pública. Toda a información, esta mañá en Praza.gal
O paro rexistrado baixa en Galicia en 1.868 persoas no mes de marzo e o descenso anual é de 21.741. O número de persoass afiliadas á Seguridade Social increméntase en 5.570. Máis información, esta mañá en Praza.
EQUO Galicia desvincúlase de En Marea ao "non compartir nin as formas nin os xeitos da nova fórmula de partido instrumental". A formación ecoloxista reivindica, no entanto, o seu traballo nas mareas municipalistas.
O 72% dos cataláns apoia un referendo fronte a só un terzo do conxunto de españois. O 44% no Estado suspendería a autonomía de incumprirse a lei por parte da Generalitat.
Goretti Sanmartín, nova coordinadora da Executiva Nacional do BNG, con Bieito Lobeira como coordinador de Organización. Son dúas das responsabilidades aprobadas "por unanimidade" este luns polo órgano directivo elixido na recente asemblea nacional do Bloque
O ex-deputado Javier Escribano esixe que Beatriz Mato se "desculpe" por animar a "humillalo" na elección da presidencia do PP coruñés. A conselleira fixo estas declaracións nun encontro con militantes do partido que recolle a Cadena SER
Francisco Pillado, Republicano de Honra 2017. O presidente de honra da Fundación Praza Pública é o distinguido este ano pola CRMH da Coruña, que mañá acompañará o galardoado nunha rolda de prensa e na homenaxe que se lle dará na Escola de Relacións Laborais.
Unha explosión no metro de San Petersburgo mata unha decena de persoas e deixa un número aínda indeterminado de feridas
Arquivada a "dilixencia informativa" do Consello Xeral do Poder Xudicial á xuíza Pilar de Lara. A denuncia presentáraa un avogado cuxo despaxo fora rexistrado por orde da maxistrada e a ela sumáranse o Colexio de Avogados da Coruña e o Consello da Avogacía Galega. Segundo informa o TSXG, "non se constatan elementos para derivar responsabilidade disciplinaria ningunha" da xuíza.