Tras a tensión que caracterizou a primeira parte da lexislatura por mor das reformas lingüísticas, o presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín, recibe mañá na sede da institución ao conselleiro de Educación e Cultura, Jesús Vázquez
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/4f2ebe1fafddc-image_galleryimg_id411340.jpeg)
Tras a tensión que caracterizou a primeira parte da lexislatura por mor das reformas lingüísticas, o presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín, recibe mañá na sede da institución ao conselleiro de Educación e Cultura, Jesús Vázquez
Mala xornada para os equipos galegos de 2ªB. Remataron o Castilla 6- Coruxo 0 e Celta B 1- Marino 2. Ao descanso, Montañeiros 0- Getafe B 2 e Lugo 1- Oviedo 1, co incidente comentado anteriormente. Na Primeira feminina, o Olivo perdeu 3-1 ante o Llevant.
O semanario alemán Der Spiegel publica un informe desclasificado polo Ministerio de Exteriores que afirma que o Rei Juan Carlos amosou "comprensión" e "simpatía" cara aos responsables do golpe do 23F. A información do Spiegel, aquí.
Dous feridos leves no Anxo Carro de Lugo
Boa fin de semana para o deporte galego. Gaña o Obradoiro en Málaga (54-69), e únese ás vitorias de onte de Celta e Deportivo, en postos de ascenso directo a Primeira. Pola tade estaremos atentas á 2ªB, e aos restantes clubes galegos de baloncesto, balonmán, fútbol-sala e hóckey.
A falta de dous minutos para o remate, o Blusens Mombus Obradoiro gaña en Málaga ao Unicaja 49-62
A representación do PSdeG-PSOE na Executiva fica reducida a Carmela Silva, que ocupará a Secretaría de Emigración e a Pachi Vázquez, vogal. Na anterior Executiva había tres galegos e galegas (Blanco, Bugallo e a propia Silva)
José Antonio Griñán, presidente do PSOE. Elena Valenciano será a vicesecretaria, Óscar López, secretario de Organización e Patxi López, de Relacións Políticas. Houbo menos integración da lista de Chacón da prometida, e só destaca a presenza de José Zaragoza como vogal, aínda que a política catalá encabezará, canda a Chaves, a lista do Comité Federal.
As Ataque Escampe teñen novo vídeo!
O BNG, a través da eurodeputada Ana Miranda, expresou o seu apoio “a causa do pobo saharaui” incluíndo o seu dereito a autodeterminación, como recollen as propias resolucións do Consello de Seguridade da ONU, durante a súa intervención na 37ª Conferencia Europea de Coordinación (EUCOCO) que se está a celebrar esta fin de semana en Sevilla.