Tamén en Compostela, na marcha de CC.OO. e UGT (via @godial)
Tamén en Compostela, na marcha de CC.OO. e UGT (via @godial)
Participación moi numerosa nas manifestacións do 1º de maio en Ferrol (via @mouchosUGT)
As manifestacións percorren tamén as rúas de Vigo, baixo a chuvia. Os recortes dos Gobernos de Rajoy e Feijoo e o desemprego, no centro das protestas.
Ás doce do mediodía comezaron a meirande parte das manifestacións do 1º de Maio en Galicia. Na imaxe, a parte final da marcha da CIG na Coruña
Comezou xa en Vigo a manifestación convocada por CUT, CGT, CNT, STEG e SF
A Xunta presume de diálogo social na súa declaración institucional para celebrar o Primeiro de Maio.
O Goberno estuda cobrar peaxes nas autovías. O Ministerio de Fomento ten avanzado un plan para aplicar este cobro a todos os vehículos lixeiros a un prezo inferior ao das autopistas. Os camións quedarían exentos.
CC.OO e UGT manifestaranse En defensa do emprego digno e con dereitos en dez cidades e vilas galegas:
A Coruña, 12 horas. Praza da Palloza
Ferrol, 12 horas. Praza do Inferniño
Compostela, 12 horas. Alameda
Ribeira, 11:30 horas. Praza do Concello
Lugo, 12 horas. Edif. Sindicais (Rolda da Muralla)
Burela, 12 horas. Praza da Mariña
Ourense, 12 horas. Pavillón dos Remedios
Pontevedra, 12 horas. Praza da Ferreiría
Vilagarcía, 12 horas. Praza da Ravella
Vigo, 11:30. Cruzamento Vía Norte-Urzaiz
A CIG celebrará a súa mobilización central do 1º de maio na Coruña baixo o lema Por emprego digno, non ás políticas económicas e laborais do Partido Popular. Esta manifestación partirá da Praza de Vigo ás doce do mediodía. No resto das cidades as convocatorias son as seguintes:
Vigo, 12 horas. Cruce da Doblada
Pontevedra, 11:30 horas. Praza da Ferrería
Ferrol, 12 horas. Avda. de Esteiro (local da CIG)
Santiago, 12:30. Praza Roxa
Lugo, 12:30. Ronda da Muralla (edificio sindical)
Ourense, 12:30. Pavillón dos Remedios
Ribeira, 12 horas. Praza do Peixe
Mondoñedo, 12:30. Diante da ECAR
Vilagarcía, 12 horas. Casa do Mar
A Estrada, 12 horas. Praza do Concello
CUT, CGT, SF, STEG e CNT manifestaranse a partir das 11 en Vigo baixo o lema Contra a Europa do capital, folga xeral. A marcha partirá da Praza de Fernando o Católico e rematará na Porta do Sol. A CUT preparou un vídeo para este 1º de maio falando con traballadores e traballadoras.