O Goberno estuda cobrar peaxes nas autovías. O Ministerio de Fomento ten avanzado un plan para aplicar este cobro a todos os vehículos lixeiros a un prezo inferior ao das autopistas. Os camións quedarían exentos.
Fálase
CC.OO e UGT manifestaranse En defensa do emprego digno e con dereitos en dez cidades e vilas galegas:
A Coruña, 12 horas. Praza da Palloza
Ferrol, 12 horas. Praza do Inferniño
Compostela, 12 horas. Alameda
Ribeira, 11:30 horas. Praza do Concello
Lugo, 12 horas. Edif. Sindicais (Rolda da Muralla)
Burela, 12 horas. Praza da Mariña
Ourense, 12 horas. Pavillón dos Remedios
Pontevedra, 12 horas. Praza da Ferreiría
Vilagarcía, 12 horas. Praza da Ravella
Vigo, 11:30. Cruzamento Vía Norte-UrzaizA CIG celebrará a súa mobilización central do 1º de maio na Coruña baixo o lema Por emprego digno, non ás políticas económicas e laborais do Partido Popular. Esta manifestación partirá da Praza de Vigo ás doce do mediodía. No resto das cidades as convocatorias son as seguintes:
Vigo, 12 horas. Cruce da Doblada
Pontevedra, 11:30 horas. Praza da Ferrería
Ferrol, 12 horas. Avda. de Esteiro (local da CIG)
Santiago, 12:30. Praza Roxa
Lugo, 12:30. Ronda da Muralla (edificio sindical)
Ourense, 12:30. Pavillón dos Remedios
Ribeira, 12 horas. Praza do Peixe
Mondoñedo, 12:30. Diante da ECAR
Vilagarcía, 12 horas. Casa do Mar
A Estrada, 12 horas. Praza do ConcelloCUT, CGT, SF, STEG e CNT manifestaranse a partir das 11 en Vigo baixo o lema Contra a Europa do capital, folga xeral. A marcha partirá da Praza de Fernando o Católico e rematará na Porta do Sol. A CUT preparou un vídeo para este 1º de maio falando con traballadores e traballadoras.
IKEA puido utilizar presos políticos da RDA nos anos 70 e 80 como traballadores forzosos, segundo unha reportaxe da televisión sueca STV
A campaña #novullpagar prepara unha acción masiva hoxe ao mediodía en catorce peaxes de Catalunya. O Goberno catalán di que "entende" a protesta, non enviará a polícía e pásalle a responsabilidade ás concesionarias das autoestradas.
A enerxía eólica cubriu máis dunha cuarta parte da demanda de enerxía no Estado español en abril (25,7%). Máis de 5.000 GWh que evitaron a emisión de 1,98 millóns de toneladas de CO2.
"É o momento de recuperar o 1º de maio". Varios analistas reflexionan en Público sobre a necesidade de que esta xornada de reivindicación gañe valor
Pelos na lingua (Talía Teatro), Premio Max ao mellor autor teatral en galego, para Avelino González, Artur Trillo e María Ordóñez. Blanca Portillo e Miguel del Arco foron os grandes triunfadores da noite con La avería e Veraneantes.
Como era Carnota en 1956? A Asociación Monte Pindo Parque Natural publica no seu blog unha fotografía aérea realizada polo exército norteamericano a finais dos anos 50