Henrique Mariño escribe en Público un retrato de Noelia Moreno, portavoz da acampada en Sol, soltera, nai e dous anos no paro
Fálase
Le Monde faise eco das fotos "comprometedoras" de Alberto Núñez Feijóo con Marcial Dorado. Onte xa as recollera tamén o italiano Corriere della Sera
Vén de abrirse unha recollida de sinaturas a través de change.org para pedir a dimisión de Alberto Núñez Feijoo polo escándalo provocado polas súas fotos co narco Marcial Dorado
Anxo Quintana: "Se me pasa a min o das fotos, viríame buscar unha parella da Garda Civil". O ex vicepresidente da Xunta quéixase na Cadena Ser da equiparación da súa fotografía cun empresario coas polémicas imaxes de Feijóo e recoñece a "complicada situación" na que queda o xefe do Executivo galego.
O paro baixa en Galicia en marzo, con 1.636 persoas menos. É unha das nove autonomías onde descende o número de desempregados. Máis información, nuns minutos en Praza.
Reparto de xornais con drones, Google Nose, un microondas de Nokia ou un avión con chan de cristal de Virgin Air, entre as mellores bromas do 1 de abril.
Comeza o prazo para solicitar e confirmar o borrador da renda. O prazo remata o 1 de xullo ou o 26 de xuño se a declaración sae a devolver.
Baixa o paro en marzo. O desemprego descendeu en 4.979 persoas en toda España e deixa a cifra total en 5.035.243. A afiliación á Seguridade Social aumentou en 30 mil persoas, despois de sete meses de caídas. O descenso explícase en boa medida pola Semana Santa, que coincidiu integramente no mes de marzo
Twitter abre unha filial en España. Constitúe a sociedade Twitter Spain SL, con domicilio social en Madrid
Besteiro comprométese a facer das primarias o ''proceso de selección normal'' se lidera o PSdeG