O abandono de Kasich garante a Donald Trump a candidatura do Partido Republicano para as eleccións á presidencia dos EUA.
Fálase
Méndez Romeu competirá por encabezar a candidatura socialista á Xunta, segundo publica Faro de Vigo. O portavoz parlamentario do PSdeG anunciará este venres a súa decisión de concorrer ás primarias, uníndose a Xoaquín Fernández Leiceaga e a Gonzalo Caballero
Rajoy adianta a súa presenza en Ourense ao venres e non asistirá ao congreso do PPdeG, que se celebra na cidade a fin de semana. En 2012 os populares galegos evitaran a presenza do seu líder estatal na proclamación de Feijóo como candidato á Xunta.
Calendario laboral 2017: Reis, o Día das Letras, o Xoves Santo e o Día Nacional de Galicia serán os festivos de carácter galego do vindeiro ano, segundo avanzou este xoves a Xunta, que terá que ratificar estas datas nun decreto.
Gonzalo Caballero rexistrará esta tarde a súa candidatura ás primarias do PSdeG. Como lembra Faro de Vigo, xa tentara sen éxito competir con Pachi Vázquez pola secretaría xeral do partido en 2009.
Un xulgado condena o Concello de Santiago a readmitir a unha exasesora do PP que denunciou o consistorio despois de que o seu partido prescindise dos servizos que viña exercendo dende os anos 90. Cóntao La Voz
VÍDEO Rajoy evita desvelar a que debates electorais acudirá: "A nadie le apetecen debates", di nunha entrevista na Cadena SER
O desemprego descendeu en 83.599 persoas en abril, ata as 4.011.171; en termos desestacionalizados, a redución é de 8.329. Hai, igualmente, 158.038 afiliados/as máis á Seguridade Social. En Galicia hai 3.644 desempregados/as menos, deixando a cifra total en 228.153, e 2.808 traballadores/as máis.
Carme Adán renuncia a encabezar a lista do BNG por Pontevedra nas eleccións xerais. Faino pola "coherencia" de non poder representar este proxecto, despois de que a asemblea da formación rexeitara a proposta de explorar unha confluencia máis ampla.
Os concellos gallegos ingresan 300 euros menos por habitante que a media estatal. As razóns: impostos máis baixos (reciben polo IBI 110 euros por debaixo da media) e menores transferencias do Estado central (55 euros menos)