El País relata a amizade de Feijóo e Pachi Lucas, conseguidor da trama Zeta, que leva quince anos ao lado do presidente da Xunta, é habitual dos actos políticos e traballou para o PPdeG.

El País relata a amizade de Feijóo e Pachi Lucas, conseguidor da trama Zeta, que leva quince anos ao lado do presidente da Xunta, é habitual dos actos políticos e traballou para o PPdeG.
A Audiencia Nacional declara nulo o ERE de Atento e obriga a readmitir 672 traballadores, 49 deles na Coruña. Os traballadores recibirán o salario desde o momento no que foron dados de baixa.
O PP rebaixa a protección dos parques nacionais para que os terratenentes poidan cazar neles. Unha emenda no Senada prorroga ata 2020 o prazo para pechar os cotos.
Marina Castaño, imputada por malversación, estafa, apropiación indebida e fraude na súa xestión na Fundación Cela, rescatada pola Xunta en 2012. Recólleo Europa Press
Carmen Iglesias e Consuelo Martínez rotarán como voceiras do Grupo Mixto en cada período de sesións, segundo informa Cerna. No vixente período a responsabilidade será para Iglesias.
A ESA xa ofrece as primeiras imaxes do cometa 67P/Churyumov-Gerasimenko. GCiencia está a seguir ao vivo esta pioneira operación da Axencia Espacial Europea.
Pódese seguir en directo a transmisión da ESA da aterraxe de Philae na superficie do cometa 67P/Churyumov-Gerasimenko, despois de que hai unhas horas se separase da sonda Rosetta. Este vídeo recolle o momento da chegada do aterrador á superficie do cometa.
Médicos do Mundo lanza a campaña Sanichollo, que busca concienciar sobre os recortes na Sanidade, pero co estilo dunha web de ofertas.
A Interpol ordena a detención inmediata dos ex ministros Martín Villa e Utrera Molina, ademais doutros moitos cargos do franquismo. A sección arxentina da policía internacional envía unha "comunicación moi urxente" á base española para que deteña estas persoas co fin da súa extradición, tal e como solicita a xuíza da causa arxentina que investiga os crimes da ditadura fascista.
Rajoy cualifica de "profundo fracaso independentista" o 9N, asegura que o soberanismo amosou "a súa debilidade" nun proceso "ilegal" e nega un referendo pactado e legal en Cataluña.