A ESA xa ofrece as primeiras imaxes do cometa 67P/Churyumov-Gerasimenko. GCiencia está a seguir ao vivo esta pioneira operación da Axencia Espacial Europea.
Fálase
Pódese seguir en directo a transmisión da ESA da aterraxe de Philae na superficie do cometa 67P/Churyumov-Gerasimenko, despois de que hai unhas horas se separase da sonda Rosetta. Este vídeo recolle o momento da chegada do aterrador á superficie do cometa.
Médicos do Mundo lanza a campaña Sanichollo, que busca concienciar sobre os recortes na Sanidade, pero co estilo dunha web de ofertas.
A Interpol ordena a detención inmediata dos ex ministros Martín Villa e Utrera Molina, ademais doutros moitos cargos do franquismo. A sección arxentina da policía internacional envía unha "comunicación moi urxente" á base española para que deteña estas persoas co fin da súa extradición, tal e como solicita a xuíza da causa arxentina que investiga os crimes da ditadura fascista.
Rajoy cualifica de "profundo fracaso independentista" o 9N, asegura que o soberanismo amosou "a súa debilidade" nun proceso "ilegal" e nega un referendo pactado e legal en Cataluña.
Paula Prado declará como imputada no caso Pokémon este venres ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, segundo adianta Europa Press.
A Coruña acollerá do 19 ao 23 de xullo de 2015 a Bienal da Real Sociedad Española de Química, un importante evento no que participarán, entre outros, Richard R. Schrock, Premio Nobel de Química no ano 2005 e Avelino Corma Canós, Premio Príncipe de Asturias en 2014.
Anxo Lugilde presenta o vindeiro día 21 en Ribadeo a súa obra De Beiras a Podemos, editada por Praza Pública e Meubook. Será ás 20:30 na Casa das Letras, nun acto organizado pola Agrupación Cultural Francisco Lanza.
O Consorcio As Mariñas, que agrupa nove concellos da área metropolitana da Coruña, esixe a supresión da peaxe de regreso na AP-9 aos usuarios habituais
160 mil autónomos e autónomas en España afirman desenvolver a súa actividade para un único cliente. Porén, só 13 mil figuran como Traballador Autónomo Dependente, destaca Diagonal en "Currar sen contrato: a fraude de moda", que recolle as denuncias da CNT, que puxo en marcha a campaña StopFalsosAutónomos