160 mil autónomos e autónomas en España afirman desenvolver a súa actividade para un único cliente. Porén, só 13 mil figuran como Traballador Autónomo Dependente, destaca Diagonal en "Currar sen contrato: a fraude de moda", que recolle as denuncias da CNT, que puxo en marcha a campaña StopFalsosAutónomos
Fálase
ABC di que un home votou tres veces no 9N e os voluntarios descobren o truco. O rapaz introducía o voto doutras persoas que o acompañaban.
AGE e Podemos reúnense para sumar forzas nas candidaturas municipais galegas. A cúpula de Alternativa reúnese con Pablo Iglesias para tratar unha estratexia común de cara ás plataformas cidadás para os comicios locais.
Os empresarios galegos séntense "estafados" polo FROB tras investir e NCG e culpan a Castellano por "venderlles un coche embargado".
China e os EUA acada un acordo histórico contra o cambio climático para reducir as súas emisións contaminantes. Pequín alcanzará o seu máximo de emisións en 2030, data na que Washington as reducirá un 28%.
O Supremo tomba a censura da Generalitat Valenciana a TV3 no seu territorio. Anula tamén as multas por emisións da televisión pública catalá.
O Congreso oculta en gastos de representación a metade do salario dos deputados. O gasto medio por representante é de 78.000 euros.
A universidade portuguesa Fernando Pessoa instalarase en Sada. Inaugurará no antigo hotel Sada Marina unha escola de enfermaría para 300 alumnos que pretende abrir o vindeiro mes de outubro.
A Fiscalía querelarase contra Mas e tres consellers pola consulta do 9N. Atribúelles responsabilidades penais pola organización do proceso participativo.
Os empresarios que inxectaron fondos en Novagalicia Banco tentan recuperar os seus cartos na Xustiza. O avogado da entidade responsabiliza do acontecido a José María Castellano. Está a contalo Faro de Vigo