A universidade portuguesa Fernando Pessoa instalarase en Sada. Inaugurará no antigo hotel Sada Marina unha escola de enfermaría para 300 alumnos que pretende abrir o vindeiro mes de outubro.
Fálase
A Fiscalía querelarase contra Mas e tres consellers pola consulta do 9N. Atribúelles responsabilidades penais pola organización do proceso participativo.
Os empresarios que inxectaron fondos en Novagalicia Banco tentan recuperar os seus cartos na Xustiza. O avogado da entidade responsabiliza do acontecido a José María Castellano. Está a contalo Faro de Vigo
A Presidencia federal de Izquierda Unida pide a dimisión de Miguel Renenes (secretario de Organización), Ángel Pérez (portavoz municipal en Madrid) e Gregorio Gordo (portavoz rexional) pola súa responsabilidade nos escándalos de Caja Madrid e Bankia.
O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey, deixa de estar imputado no caso Pokémon. Segundo adianta La Voz, a proba de voz confirma que o rexedor ferrolán non era quen interviña nas conversas que facían sospeitar a De Lara de supostos subornos.
O PP será "acusado" na trama Gürtel. A Sala do Penal da Audiencia Nacional cre que o partido foi partícipe da rede corrupta "a título lucrativo". Cóntao a Cadena SER
O xornalista Fran P. Lorenzo gaña o premio Blanco Amor de novela coa súa obra 'Cabalos e Lobos'.
Guadi Galego lanza o videoclip de Matriarcas, adianto do seu segundo disco como solista (Lúas de outubro e agosto), que sairá á venda o 25 de novembro
Dez grupos de investigación das universidades galegas crean a Rede Galega para o Tratamento de Augas, que busca aproveitar as sinerxías na investigación sobre o tratamento de augas, mellorando a recuperación de residuais, reducindo a emisión de gases contaminantes ou creando sistemas máis eficientes de consumo e produción de enerxía.
La Voz de Galicia entrevista Sergio Quintairos, presidente do Instituto Superior de Formación Sanitaria de Galicia, responsable da instalación en Sada dunha escola de enfermaría e fisioterapia da Universidade Fernando Pessoa de Porto.