AGE e Podemos reúnense para sumar forzas nas candidaturas municipais galegas. A cúpula de Alternativa reúnese con Pablo Iglesias para tratar unha estratexia común de cara ás plataformas cidadás para os comicios locais.
Fálase
Os empresarios galegos séntense "estafados" polo FROB tras investir e NCG e culpan a Castellano por "venderlles un coche embargado".
China e os EUA acada un acordo histórico contra o cambio climático para reducir as súas emisións contaminantes. Pequín alcanzará o seu máximo de emisións en 2030, data na que Washington as reducirá un 28%.
O Supremo tomba a censura da Generalitat Valenciana a TV3 no seu territorio. Anula tamén as multas por emisións da televisión pública catalá.
O Congreso oculta en gastos de representación a metade do salario dos deputados. O gasto medio por representante é de 78.000 euros.
A universidade portuguesa Fernando Pessoa instalarase en Sada. Inaugurará no antigo hotel Sada Marina unha escola de enfermaría para 300 alumnos que pretende abrir o vindeiro mes de outubro.
A Fiscalía querelarase contra Mas e tres consellers pola consulta do 9N. Atribúelles responsabilidades penais pola organización do proceso participativo.
Os empresarios que inxectaron fondos en Novagalicia Banco tentan recuperar os seus cartos na Xustiza. O avogado da entidade responsabiliza do acontecido a José María Castellano. Está a contalo Faro de Vigo
A Presidencia federal de Izquierda Unida pide a dimisión de Miguel Renenes (secretario de Organización), Ángel Pérez (portavoz municipal en Madrid) e Gregorio Gordo (portavoz rexional) pola súa responsabilidade nos escándalos de Caja Madrid e Bankia.
O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey, deixa de estar imputado no caso Pokémon. Segundo adianta La Voz, a proba de voz confirma que o rexedor ferrolán non era quen interviña nas conversas que facían sospeitar a De Lara de supostos subornos.