Anonymous ataca a web do PP de Pontevedra e converte a gaivota do partido non boitre, segundo informa La Voz de Galicia.
Fálase
Unanimidade no Parlamento nunha declaración institucional contra a devolución das axudas do tax lease. O PP, non obstante, oponse a celebrar un pleno ao respecto. A información, este mediodía en Praza.
Cospedal amplía a súa demanda civil contra Bárcenas. Adiántase á publicación dun documento que confirmaría o cobro dunha comisión de 200.000 euros por parte da número dous do PP.
Sindicatos policiais cargan, entre múltiples faltas de ortografía, contra os xornalistas que informan sobre as persoas migrantes que tentan saltar a fronteira española en Melilla. Cóntao El Diario
A Intervención Xeral do Estado presentará ante o xuíz un informe que acredita a contabilidade en B do PP. Recólleo El Diario
A Subdelegación do Goberno central en Pontevedra multa persoas afectadas polas preferentes por utilizar buguinas nas protestas. En El País
A Xunta di que non autoriza polo momento a mina de Corcoesto, se ben daríalle luz verde se acredita "maiores garantías técnicas e económicas".
O FMI atrasa ata 2015 a volta de España ao crecemento económico.
O PP denuncia a Anonymous por filtrar a súa contabilidade en Internet, segundo informa Europa Press
Varias convocatorias ante as sedes do PP piden a dimisión do Goberno. Baixo a etiqueta #9Jgobdimision, as redes sociais chaman a manifestarse a partir das oito da tarde.