Alternativa Galega de Esquerda celebrará este venres na Coruña un acto no que participarán José Cordón (Front de Gauche), Stavros Karagkounis (Syriza) e Willy Meyer (IU), ademais de Xosé Manuel Beiras e Yolanda Diaz. Será as 12 no Palacio da Ópera.
Fálase
Arrancan as manifestacións estudantís en Galicia. Centos de persoas ateigan xa a praza do Toural en Santiago con motivo do Día Internacional da Loita Estudantil. Imaxe de @cdenebola.
#consellodaxunta O Goberno galego inclúe na súa xuntanza semanal un informe sobre o programa de endebedamento. Feijóo inicia a comparecencia insistindo en que Galicia é "a comunidade máis solvente", como xa insistiu nos debates electorais.
Axentes de Aduanas entran no Concello da Coruña para recoller os contratos de Vendex. Solicitan a entrega dos expedientes sobre os servizos de guindastre e ORA, contratados á empresa que investiga a Xustiza dentro da operación Pokemon.
Nature publica un estudo que determina o ritmo ao que se degrada o ADN e calcula que a súa vida media é de só 521 anos. O traballo dos investigadores das universidades de Copenhague e Perth, que analizou ósos dos extintos moas, acaba coas esperanzas de clonar especies prehistóricas, se alguén estaba pensando niso.
Luis Tosar poralle a voz a George Washington no xogo Assassin’s Creed III
Retíranlle a custodia da súa filla "por non ensinarlle castelán". Unha xuíza de Cantabria separa un pai da súa nena "por non aprenderlle español até que acudiu ao colexio". Cóntao La Vanguardia.
Celébrase hoxe o Día Internacional de Loita Estudantil. Varios sindicatos educativos estatais, entre eles tres galegos, convocan unha xornada de folga e manifestacións en todo o país "contra os recortes, reformas e diminución de dereitos sociais, políticos e culturais".
Wert non recúa. "Se o de españolizar escandaliza, é que ese alguén ten problemas mentais", vén de dicir en Onda Cero tras as súas polémicas declaracións sobre a educación en Catalunya.
S&P sitúa España ao bordo do bono lixo. Mantén unha perspectiva económica negativa para o Estado, baseándose na recesión, o índice de paro e as dúbidas da eurozona á hora de compartir riscos.