Chegan a 16 as persoas detidas na operación contra o narcotráfico na comarca da Arousa. Recólleo Galiciaé
Fálase
Eldiario.es analiza a "desigualdade dupla" que sofren as mulleres con cancro como a galega Beatriz Figueroa
Orozco di que deixará a Alcaldía de Lugo se se abre xuízo oral contra el, algo que considera "imposible". Afirmouno nunha entrevista na Cadena SER que recolle La Voz
O rei de España ve "optimismo" no futuro da "gran nación española". Felipe VI aproveitou a Pascua Militar para agradecer a "lealdade" dos exércitos.
O Celta cae 2-4 ante o Athletic na ida dos oitavos de final da Copa do Rei. O equipo vigués empatou en dúas ocasións pero acabou perdendo e complicando moito a clasificación.
O PSOE expulsa do partido o ex alcalde de Vigo Carlos Príncipe. Acúsano de inxuriar a Caballero e outros cargos socialistas polas súas denuncias de corrupción.
Interior repartiu 45 medallas entre os policías que interviron nos disturbios do 22M. O Ministerio defende as condecoraicóns para os dous mandos principais para os que os sindicatos pediron a dimisión.
Syriza insiste en que Grecia seguirá no euro malia as ameazas de Alemaña mentres o primeiro ministro Samaras endurece a campaña contra o favorito para as vindeiras eleccións.
Touro reparte 250.000 euros do terceiro premio do Neno no número 84.222.
O ladrón do Códice intenta probar que aforrou dous millóns de euros. Manuel Castiñeiras defende que os cartos non son froito de roubos na Catedral.