O xefe do Centro Nacional de Salvamento, Pedro Luis Sánchez, admite no xuizo do Prestige que o barco puido entrar "nalguna ría". En canto á posibilidade de levalo ao Porto da Coruña, sinalou que era "o máis fácil e efectivo", pero que non podía "entrar" polas "limitacións de calado". Porén, recoñeceu que durante a súa traxectoria profesional o fixo con petroleiros semellantes.
