Centos de mulleres rexistran as súas peticións de amparo ao Valedor ante a reforma da lei do aborto. Representantes de varias formacións políticas acoden tamén ao acto. Máis información, hoxe en Praza.

Centos de mulleres rexistran as súas peticións de amparo ao Valedor ante a reforma da lei do aborto. Representantes de varias formacións políticas acoden tamén ao acto. Máis información, hoxe en Praza.
Os manifestantes toman a sede presidencial de Ucraína tras dimitir o presidente da Rada Suprema. Confírmase a toma do poder por parte da oposición nunha xornada histórica.
Un tribunal obriga o Estado a devolver parte da paga extra dos funcionarios. É a primeira sentenza firme contra a Administración estatal, que se une ás que xa deron a razón aos traballadores públicos en Galicia.
Fiscais piden unha "rexeneración moral" aos partidos logo da Pokémon. Demandan máis control e transparencia no uso de cartos públicos.
Beiras decántase por que Anova concorra con EU ás eleccións europeas e aclara que xa hai acordo para que Anova leve cabeza de lista e faga campaña propia en Galicia. Faino nun documento remitido á militancia na que acusa "o obstrucionismo sectario do BNG" de "impedir unha fronte galega".
A camisola coa bandeira galega será a segunda equipación do Deportivo a vindeira tempada. O club aproveita a visita institucional da nova directiva ao presidente da Xunta para presentar a súa nova equipación en homenaxe a Galicia.
ETA dá "o paso previo ao seu desarme completo" tras deixar parte do seu arsenal "fóra de uso operativo". A banda terrorista selou un zulo en presenza dos verificadores internacionais. A BBC difunde un vídeo sobre o desarme parcial do grupo armado.
Arxentina pide a exhumación dunha vítima do franquismo. A xuíza reclama que a Xustiza española recupere o corpo do pai dunha das querelantes da causa contra o franquismo.
Unha rebelión popular contra a privatización da auga mobiliza unha vila de Ciudad Real. Máis de vinte veciños levan días pechados no Concello para pedir un referendo popular nunha protesta que xa lembra a de Gamonal.
Persoal do Meixoeiro de Vigo protesta con paraugas, chuvasqueiros e lentes de mergullador para chamar a atención sobre as pingueiras e filtracións de auga que sofre o edificio e que xa provocaron o peche de múltiplas camas do hospital.