Manuel Fernández de Sousa reclámalle a Pescanova unha indemnización de 663.199 euros por suposto despedimento improcedente. O empresario presentou a súa dimisión como presidente en xullo, tras coñecerse o informe forense realizado por KPMG para determinar a situación da compañía.
Fálase
A selección de fútbol de Gibraltar ultima un acordo para xogar a súa primeira fase de clasificación da Eurocopa no estadio portugués do Algarve. Segundo informa A Bola, a elección de Portugal realízase para evitar os "problemas xeopolíticos" que implicaría tentar disputar os encontros nun campo español.
Gallardón di que a reforma do aborto aprobarase neste ano. Asegura que é "inminente" e que o proxecto está "extraordinariamente avanzado".
Os praceiros e praceiras de Pontedeume que levaban 16 días pechadas no Mercado foron desaloxadas ás seis da mañá deste luns polos antidisturbios. Denuncian que o Concello lles impón un traslado forzoso, sen garantías de continuidade, e a unhas instalacións provisionais non axeitadas.
Emir Sader reflexiona en Público sobre "Por que o Foro Social Mundial se esgotou". Sinala que a súa "intranscendencia" se deriva da non participación dos Gobernos progresistas e que "as ONG e os teóricos da 'sociedade civil' viron como o seu paradigma liberal, anti-Estado, era superado pola realidade".
Sin Permiso entrevista a Randall Wray, economista do Levy Economics Institute, e un dos promotores da chamada Teoría Monetaria Moderna, que defende que a soberanía monetaria dun Estado lle permite poder aumentar o gasto público e incorrer en déficit case tanto como se estea disposto a facer politicamente
Jorge Fabra (Economistas frente a la crisis) analiza o peche do rescate bancario español. "O peche en limpo é unha expresión que recorre a unha terminoloxía non neutral: Limpo? Para quen? Non é economía, é ideoloxía".
O 60% das mozas reciben insultos machistas das súas parellas a través do móbil. É o resultado dun estudo da Delegación do Goberno central para a violencia de xénero que adianta a Cadena SER.
A Liga de Fútbol destaca no seu resumo semanal que o Deportivo e o Lugo se atopan moi próximos ao liderado da Segunda división.
O Consello Nacional do PSC aproba que o partido se desmarque do dereito a decidir. O sector crítico dos socialistas cataláns non descarta romper a disciplina de voto. Cóntao Vilaweb