O PSOE pensa en outono de 2014 como data para a celebración de primarias. Rubalcaba pactará o calendario cos líderes territoriais antes da Conferencia Política deste novembro.
Fálase
Dous vídeos amosan a agresión dun grupo de Mossos d’Esquadra a unha persoa no Raval de Barcelona, que morreu despois de ser reducido polos axentes.
O BNG valora a sentenza do Tribunal de Dereitos Humanos sobre a Doutrina Parot e considera que "cuestiona a política penitenciara levada a cabo polo Goberno central". Para os nacionalistas supón "un bochorno xurídico e político para o Estado español que o Tribunal emitise unha sentenza na que se lle acusa de vulnerar dereitos persoais fundamentais".
Prolingua manifesta a súa ledicia pola admisión a trámite do recurso de casación da RAG no caso das sentenzas do denominado decreto do plurilingüismo.
Diego Campos gaña o premio Xuventude Crea de Banda Deseñada con Comezo, medio e fin. Juan Silva Cabral levou o segundo premio e José Nuno Martíns Pinto Fraga o terceiro
Uruguai venderá a súa primeira colleita legal de marihuana no segundo semestre de 2014. Terá un prezo de 70 céntimos de euro o gramos e cada cidadán poderá adquirir un máximo de 40 gramos cada mes
A presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, dirixirá a Conferencia de Asembleas Lexislativas Rexionais Europeas (CALRE) durante o ano 2014.
A manifestación en Lisboa a favor dos recortes, convocada baixo o lema Obrigado, troika, resultou ser unha mobilización do movemento Que se lixe a troika! que, secundando a liña do ridiculismo, quixo fomentar deste xeito a participación nas súas próximas protestas. Cóntao o Diário de Notícias.
A revista Luzes xa ten data para o lanzamento do seu proxecto xornalístico, o vindeiro día 29 en Compostela
Aproveitando o temporal en 4gotas recompilan 100 xeitos de chamarlle á chuvia.